RÉVISE:
Antes de comezar a facer esta tarefa, vamos a facer un pequeno resumo do máis improtante que levamos feito ata agora.
Características:
- Centro público
- 3º curso de primaria (8/9 anos)
-17 alumnos/as na aula
- Materia: música
-Nivel: A1
Obxectivo:
-Explorar
e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas
específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins
expresivos e comunicativos.
Contido:
-Identificación
visual e auditiva dalgúns instrumentos: da orquestra, da música popular galega
e dos utilizados por outras culturas, tentando aproximarse a unha clasificación
por familias.
Antes de comezar coa avaliación vou facer unha recapitulación das actividades que se van a avaliar.
Actividade de comprensión oral: nesta actividade o que se pedía era que o alumnado elaborara o seu instrumento da orquesta favorito, para isto tiña que ver un tutorial (en francés) de como se facía dito instrumento. Logo tiñan que buscar información sobre os intrumentos e facer unha breve exposición aos compaleiros.
Actividade de comprensión escrita:
Nesta actividade tiñan que ler as descripción dos diferentes instrumentos da cultura galega e gregapostos no "conto" e despois facer unha breve redacción onde digan cal/cales son os instrumentos que máis lle gustaron deses e cales menos.
ÉVALUER:
Actividade de comprensión oral:
-CRITERIOS:
- Coñecer os diversos instrumentos que compoñen unha orquesta, así como algún rasgo característico de cada un e un pouco da súa historia.
-Distinguir as distintas familias de instrumentos que hay nunha orquesta.
- Saber guiarse por un patrón (vídeo, imaxes, texto...) para saber facer un determidado instrumento.
- Saber como e onde buscar información.
- Saber falar en público con un dominio do linguaxe asequible para esa idade e co nivel que se lles pide.
- DES OUTILS D'ÉVALUATION:
Para esta actividade realizarase unha avaliación mediante un proceso de observación. No cal, a profesora observará a evolución e traballo do alumnado e logo cubrirá unha rúbrica que cubrirá cos datos observados ao longo do proceso.
A mestra avaliará cada un dos ítems de 1 ao 4 en función do que observou en cada alumno, sendo o 1 a nota máis baixa e o 4 a máis alta.
A parte da mestra os alumnos tamén avaliarán o traballo dos compañeiros. Neste caso pasaráselle unha ficha a cada alumno na cal deberán valorar o traballo manual de cada alumno, é decir, o instrumento que fixeron e tamén a exposición e despois deberán decir cal foi o instrumento mellor feito da clase.
Este tipo de avaliación será de modo anónimo, para evitar pequenas discusións entre eles.
Para obter a nota final a mestra fará unha media entre a nota posta polos compañeiros e a súa. Contando un 80% a nota posta pola mestra e un 20% a dos alumnos.
-TEMPS DE RÉALISATION:
A observación durará o que dure a actividade, e a medida que vaía observando a evolución do alumnado irá cubrindo a rúbrica.
Mentres que a ficha que o alumnado terá 10 minutos aproximadamente para cubrir esta ficha que se lles pasará despois de cada avaliación.
-RESSOURCES NÉCESSAIRES À SA RÉALISATION:
A avaliación tanto por parte do alumnado como da mestra realizáse en papel. Cada persoa implicada terá diante a ficha respectiva que deberá cubrir. Os alumnos/as terán a ficha e a mestra a rúbrica.
-L'activité de production écrite
-CRITERIOS:
-Entender un texto escrito en lingua francesa.
-Ser capaces de escribir unha pequena redacción en lingua frnacesa en base a outro texto lido na clase.
-Ter un dominio da lingua francesa asequible ao nivel que se lle pide.
-Coñecer os instrumentos máis importantes da cultura galega e diferencialos dos de outra cultura.
-Respetar tanto a cultura e patrimonio galego como outras culturas.
- DES OUTILS D'ÉVALUATION:
Para avaliar esta actividade a profesora correxirá a redacción proposta ao alumnado en base a unha serie de criterios que son expostos a continuación na táboa.
-TEMPS DE RÉALISATION:
Esta rúbrica realizarase ao rematar de correxir a mestra cada redacción para así comparar e porlle a nota que corresponda. O tempo será o que necesite a mestra.
-RESSOURCES NÉCESSAIRES À SA RÉALISATION:
A avaliación desta actividade será en papel, a mestra correxirá as redaccións feitas polo alumnado e despois no seu caderno de clase porá a calificación da actividade en relación coa táboa anterior.
RUBRIQUE RÉFLEXION
a) Comment
t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Para facer esta tarefa primeiro revisei as outras catro feitas ata agora. Despois fixen un pequeno resumo das características do centro, da clase e os obxectivos e contidos. Despois para facer a avaliación das actividades, repasei as actividades que propuxen na tarefa 4 e propuxen os criterios, instrumentos, tempos e recursos que quería utilizar para dita avaliación. E ao final fixen a rúbrica de reflexión. En resumo, seguín os pasos propostos polo noso mestre.
b) As-tu
éprouvé des difficultés? Lesquelles?
A única dificultade que atopei foi que non se me ocurría ningunha forma de como poder avaliar as tarefas ou máis ben só se me ocurría a mesma forma de avaliación para as dúas tarefas.
c)Qu’est-ce
que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées
ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
12.
Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto
individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do
centro.
21.
Ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.
23.
Comprender distintas formas de avaliación e de auto-avaliación e saber levar a
avaliación a cabo.
d) Quel
est ton avis général sur la tâche?
Con esta tarefa creo que aprendín bastante, xa que poucas veces traballamos a avaliación. E un proceso bastante complicado de deseñar, pero a súa vez moi importante, polo que creo que esta actividade foi moi interesante.





