Cando empecei a facer a actividade dúas, escollín dous os obxectivos e contidos que a min máis me gustaron do decreto 130/2007 para a área de música, estes foron:
OBXECTIVOS: Coñecer
e valorar diferentes manifestacións artísticas do patrimonio cultural doutros
pobos, colaborando na conservación e renovación das formas de expresión locais
e nacionais e estimando o enriquecemento que supón o intercambio con persoas de
diferentes culturas que comparten un mesmo contorno.
CONTIDOS: - Interese e curiosidade pola escoita activa dunha selección de pezas instrumentais e vocais breves coñecidas polo alumnado e interpretadas de diversos xeitos.
- Interpretación e memorización de cancións, de lerias, de refráns, de adiviñas... Da propia cultura ou doutras ao unísono, con e sen acompañamento rítmico.
Pero ao empezar a facer a actividade 3 decateime que non eran os máis axeitados para facer os exercicios que nos propoñían na descripción da tarefa, polo que decidín cambialos por estes:
OBXECTIVOS: Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.
CONTIDOS: Identificación
visual e auditiva dalgúns instrumentos: da orquestra, da música popular galega
e dos utilizados por outras culturas, tentando aproximarse a unha clasificación
por familias.
Este contido e obxectivo dábame máis xogo para propor eu actividades para que se traballen na educación primaria dentro da comprensión oral e escrita. Estes tamén foron usados logo para facer a tarefa 4.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario