Etiquetas

jueves, 26 de septiembre de 2013

TÂCHE 1: CONNAÎTRE SA CLASSE

Déixovos aquí o enlace para que vexades e comentedes a miña primeira acitivdad. Espero que vos guste.
Au revoir

viernes, 20 de septiembre de 2013

LES LANGUES QUE J'AI APRISSES

Os idiomas que domino son principalmente o galego e o castelán, que son os que me inculcaron desde pequeniña, aínda que  diariamente falo castelán. Despois domino un pouco o inglés, que é un idioma que levo aprendido dende pequena, pero que teño moitas dificultades á hora de falalo e entendelo. Actualmente estou intentando obter o nivel B1 nesta lingua. A parte destes idiomas, entendo un pouco francés, xa que o estudei na E.S.O., pero no momento de falalo teño moitísimas dificultades. Tamén me gustaría aprender alemán e italoiano, pero primeiro quero mellorar o meu inglés.

Nun futuro cercano, gustaríame aprender moitas linguas, xa que son moi importantes para sociaclizar e poder moverte polo mundo.

martes, 17 de septiembre de 2013

MA PREMIÈRE CLASS

A miña experiencia na primeira clase de frnacés este curso foi moi positiva. Eu iba con moito medo, porque ainda que antes xa dera algo desta fantástica lingua, nunca tivera unha clase enteira en francés, onde todas as explicacións, comentarios, exemplos, anotacións, aclaracións... foran nesta lingua. Pero a pesar da miña pouca experiencia, salín moi sorprendida, porque entendín todo o que explicou, tan só con mostrar un pouco de interese e con moita concentración. 
En canto aos contidos da clase foron moi interesantes e de gran axuda para o noso futuro no ensino das linguas. A forma de explicar doprofesor é moi boa, enténdeselle perfectamente e realiza unhas clases moi amenas. O ambiente en xeral é moi bo e estou moi contenta de estar nesta clase.

C'EST MOI

Bonjour,
Benvidos ao meu blog,  chámome Silvia Villanueva e estou no curso correspondente a terceiro no Grao de Educación Primaria.
Este é o meu blog para a asignatura de Lingua Francesa e a súa didáctica. Aquí subirei todas as actividades e tarefas feitas nas clases e algunha entrada máis que me pareza interesante.
Espero que vos guste.