Etiquetas

jueves, 12 de diciembre de 2013

TÂCHE 5: ÉVALUER

RÉVISE:

Antes de comezar a facer esta tarefa, vamos a facer un pequeno resumo do máis improtante que levamos feito ata agora.
Características: 
- Centro público
- 3º curso de primaria (8/9 anos)
-17 alumnos/as na aula
- Materia: música
-Nivel: A1

Obxectivo:
-Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.

Contido:
-Identificación visual e auditiva dalgúns instrumentos: da orquestra, da música popular galega e dos utilizados por outras culturas, tentando aproximarse a unha clasificación por familias.

Antes de comezar coa avaliación vou facer unha recapitulación das actividades que se van a avaliar.



Actividade de comprensión oral: nesta actividade o que se pedía era que o alumnado elaborara o seu instrumento da orquesta favorito, para isto tiña que ver un tutorial (en francés) de como se facía dito instrumento. Logo tiñan que buscar información sobre os intrumentos e facer unha breve exposición aos compaleiros.

Actividade de comprensión escrita:
Nesta actividade tiñan que ler as descripción dos diferentes instrumentos  da cultura galega e gregapostos no "conto"  e despois facer unha breve redacción onde digan cal/cales son os instrumentos que máis lle gustaron deses e cales menos. 

ÉVALUER:

Actividade de comprensión oral: 

-CRITERIOS:
- Coñecer os diversos instrumentos que compoñen unha orquesta, así como algún rasgo característico de cada un e un pouco da súa historia.
-Distinguir as distintas familias de instrumentos que hay nunha orquesta.
- Saber guiarse por un patrón (vídeo, imaxes, texto...) para saber facer un determidado instrumento.
- Saber como e onde buscar información.
- Saber falar en público con un dominio do linguaxe asequible para esa idade e co nivel que se lles pide.

- DES OUTILS D'ÉVALUATION:
Para esta actividade realizarase unha avaliación mediante un proceso de observación. No cal, a profesora observará a evolución e traballo do alumnado e logo cubrirá unha rúbrica que cubrirá cos datos observados ao longo do proceso.


A mestra avaliará cada un dos ítems de 1 ao 4 en función do que observou en cada alumno, sendo o 1 a nota máis baixa e o 4 a máis alta. 

A parte da mestra os alumnos tamén avaliarán o traballo dos compañeiros. Neste caso pasaráselle unha ficha a cada alumno na cal deberán valorar o traballo manual de cada alumno, é decir, o instrumento que fixeron e tamén a exposición e despois deberán decir cal foi o instrumento mellor feito da clase. 

Este tipo de avaliación será de modo anónimo, para evitar pequenas discusións entre eles.


Para obter a nota final a mestra fará unha media entre a nota posta polos compañeiros e a súa. Contando un 80% a nota posta pola mestra e un 20% a dos alumnos. 

-TEMPS DE RÉALISATION:
A observación durará o que dure a actividade, e a medida que vaía observando a evolución do alumnado irá cubrindo a rúbrica.
Mentres que a ficha que o alumnado terá 10 minutos aproximadamente para cubrir esta ficha que se lles pasará despois de cada avaliación.

-RESSOURCES NÉCESSAIRES À SA RÉALISATION:
A avaliación tanto por parte do alumnado como da mestra realizáse en papel. Cada persoa implicada terá diante a ficha respectiva que deberá cubrir. Os alumnos/as terán a ficha e a mestra a rúbrica.

-L'activité de production écrite
-CRITERIOS:
-Entender un texto escrito en lingua francesa.
-Ser capaces de escribir unha pequena redacción en lingua frnacesa en base a outro texto lido na clase.
-Ter un dominio da lingua francesa asequible ao nivel que se lle pide.
-Coñecer os instrumentos máis importantes da cultura galega e diferencialos dos de outra cultura.
-Respetar tanto a cultura e patrimonio galego como outras culturas.

- DES OUTILS D'ÉVALUATION:
Para avaliar esta actividade a profesora correxirá a redacción proposta ao alumnado en base a unha serie de criterios que son expostos a continuación na táboa.




-TEMPS DE RÉALISATION:
Esta rúbrica realizarase ao rematar de correxir a mestra cada redacción para así comparar e porlle a nota que corresponda. O tempo será o que necesite a mestra.

-RESSOURCES NÉCESSAIRES À SA RÉALISATION:
A avaliación desta actividade será en papel, a mestra correxirá as redaccións feitas polo alumnado e despois no seu caderno de clase porá a calificación da actividade en relación coa táboa anterior.

RUBRIQUE RÉFLEXION
a) Comment t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche? 
Para facer esta tarefa primeiro revisei as outras catro feitas ata agora. Despois fixen un pequeno resumo das características do centro, da clase e os obxectivos e contidos. Despois para facer a avaliación das actividades, repasei as actividades que propuxen na tarefa 4 e propuxen os criterios, instrumentos, tempos e recursos que quería utilizar para dita avaliación. E ao final fixen a rúbrica de reflexión. En resumo, seguín os pasos propostos polo noso mestre. 

b)  As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
A única dificultade que atopei foi que non se me ocurría ningunha forma de como poder avaliar as tarefas ou máis ben só se me ocurría a mesma forma de avaliación para as dúas tarefas.

c)Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
12. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
21. Ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica. 
23. Comprender distintas formas de avaliación e de auto-avaliación e saber levar a avaliación a cabo.

d) Quel est ton avis général sur la tâche?
Con esta tarefa creo que aprendín bastante, xa que poucas veces traballamos a avaliación. E un proceso bastante complicado de deseñar, pero a súa vez moi importante, polo que creo que esta actividade foi moi interesante. 

miércoles, 11 de diciembre de 2013

MODIFICATION D' OBJECTIFS ET DE CONTENUS

Cando empecei a facer a actividade dúas, escollín dous os obxectivos e contidos que a min máis me gustaron do decreto 130/2007 para a área de música, estes foron:
OBXECTIVOS: Coñecer e valorar diferentes manifestacións artísticas do patrimonio cultural doutros pobos, colaborando na conservación e renovación das formas de expresión locais e nacionais e estimando o enriquecemento que supón o intercambio con persoas de diferentes culturas que comparten un mesmo contorno.
CONTIDOS: 
- Interese e curiosidade pola escoita activa dunha selección de pezas instrumentais e vocais breves coñecidas polo alumnado e interpretadas de diversos xeitos.
- Interpretación e memorización de cancións, de lerias, de refráns, de adiviñas... Da propia cultura ou doutras ao unísono, con e sen acompañamento rítmico.
Pero ao empezar a facer a actividade 3 decateime que non eran os máis axeitados para facer os exercicios que nos propoñían na descripción da tarefa, polo que decidín cambialos por estes:
OBXECTIVOS: Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.
CONTIDOS: Identificación visual e auditiva dalgúns instrumentos: da orquestra, da música popular galega e dos utilizados por outras culturas, tentando aproximarse a unha clasificación por familias.
Este contido e obxectivo dábame máis xogo para propor eu actividades para que se traballen na educación primaria dentro da comprensión oral e escrita. Estes tamén foron usados logo para facer a tarefa 4.
- 

miércoles, 27 de noviembre de 2013

TÂCHE 4: AIDER À PRODUIRE

Para realizar esta actividade partimos dos obxectivos e contidos propostos para a anterior tarefa. 

OBXECTIVOS: Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins expresivos e comunicativos. 
CONTIDOS: Identificación visual e auditiva dalgúns instrumentos: da orquestra, da música popular galega e dos utilizados por outras culturas, tentando aproximarse a unha clasificación por familias.
Hay que ter en conta para facer as actividades que traballamos na materia de música, para o 2º curso de educación primaria e se lles pide un nivel A1 de francés. 
Dito isto, COMEZAMOS!


L'ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ORALE

 No seguinte vídeo explícase a actividade que se vai facer:

by Silvia Villanueva on GoAnimate

Vídeo de exemplo:


DESCRIPTION:
Para a presentación na clase desta actividade, ensinaráselle aos alumnos/as o vídeo feito por min no programa GoAnimate. Despois verán os vídeos que puxen de exemplo para que eles sepan máis ou menos como se pode realizar un intrumento. 
A partir de ahí os rapaces terán que crear o seu propio instrumento musical (elexido por eles). A mestra será unha axuda para que os rapaces fagan o traballo pedido. Cando todos os rapaces teñan os seus intrumentos feitos, terán que buscar información sobre eles (familia a que pertencen, posición na orquestra, ano de invención...) e logo facer unha breve exposición para todos os compañeiros da clase. E todo isto teranno que realizar en lingua francesa.

TEMPS DE RÉALISATION:
Para esta actividade estimarase a seguinte temporalización:
- Visión dos vídeos: 10 min en total.
-Realización dos intrumentos: 2 sesión de 50 minutos cada unha. 
-Búsqueda de información: 20 minutos.
-Exposición: 5 minutos como máximo cada alumno, tendo en conta que a clase consta de 17 alumnos/as, a estimación total sería de 85 minutos como máximo.

RESSOURCES NÉCESSAIRES: 
Para facer esta actividade necesitaremos:
-Ordenador e proyector, para ver os vídeos
-Materiales necesarios para elaborar os intrumentos (cartón, papel, lápices...) 
- Ordenadores para cada alumno, enciclopedias... para a búsqueda de información.



L'ACTIVITÉ DE PRODUCTION ÉCRITE


Publish at Calameo by Silvia Villanueva


DESCRIPTION:
Para esta actividade, o alumnado deberá ler e comprender a lectura que aparece arriba. A partir desa lectura deberán crear unha pequena redacción (en lingua francesa) na que expresarán cales instrumentos de cada unha das culturas lle gustaron máis e cales menos e dicir moi brevemente o por que. 
Considerei facer esta actividade atendendo a segunda parte do ocontido proposto, xa que todas as anteriores foron propostas cara a línea dos instrumentos da orquesta. Pero dentro do contido tamén fala dos instrumentos das diferentes cultura, pois nesta actividade trato de achegar aos rapaces aos instrumentos máis representativos da cultura galega e grega.

TEMPS DE RÉALISATION:
Para a lectura dexaráselle 20 minutos e para facer a redacción outros 20.

RESSOURCES NÉCESSAIRES:
-  Ordenador para cada alumno, para poder ler a lectura establecida.
-Lápis e papel para facer a redacción


RUBRIQUE RÉFLEXION:
-Comment t'es- tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Para facer esta tarefa, organiceima da mesma forma que para a anterior tarefa. Primeiro observei o obxectivo e o contido que tiña elexido. A partit de ahí pensei as dúas actividades, unha de comprensi´no oral e outra de producción escrita. Fixen os documentos para explicarllas os meus alumnos (calaméo, GoAnimate, vídeos) e despois redacteinas e púxen os recursos e temporalización que me pareceu máis correcta, por último realicei a rúbrica de reflexión.

-As-tu éprouvé des difficultés? lesquelles?
A dificultade que atopei foi que me resultou complicado buscar actividades, sobre todo a de producción escrita, porque os meus obxectivos e contidos son moi concretos e non quería repetirme ao facer as actividades.

-Quést-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci- dessus? Que´est- ce que tu as apprisd'autre?
18. Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino
20. Saber desenvolver un programa de ensino e aprendizaxe comunicativa da lingua extranxeira
21. Ser capaz de preparar e aplicar unh unidade didáctica.
23. Saber facilitar a práctica oral na aula mediante actividades comunicativas en parellas e grupos.

-Quel est ton avis général sur la tâche?
Creo que nesta tarefa non aprendín moito porque era moi parecida a anterior, e so tiven que aplicar o que xa fixera na outra. Pero podo dicir que me sirviu de reforzo para ter máis presente e saber aplicar mellor o feito anteriormente. Nesta non tiven as mesmas dificultades e xa souben utlizar mellos os programas informáticos.



lunes, 25 de noviembre de 2013

LA RÉFLEXION SUR LES TÂCHES 1, 2 ET 3

Neste punto do curso académico, creo que é necesario facer unha pequena reflexión sobre a miña aprendizaxe ao facer as trres primeira tarefas. Estas tres tarefas son complementarias e serían uns pequenos pasos para facer unha Unidade Didáctica. 
Aprendín moitas cousas destas actividades, como por exemplo a facer actividades a partir duns criterios de avaliación, obxectivos e contidos previamente elexidos. Tamén coñecín diferentes programas para facer actividades motivadoras para o alumnado, como son o GoAnimate, Calaméo, Prezi... Aínda que este último non o sei usar moi ben. As dúas prieiras actividades resultáronme bastante sinxelas de facer, pero a terceira foime un pouco máis complicada, debido a que non estou moi acostumada a usar as novas tecnoloxías e os programas non os sabía utilizar moi ben.
Tamén hay que falar da avaliación. Esta é a primeira vez que son eu a que avalía aos meus compañeiros e viceversa. Paréceme unha práctica moi boa, xa temos que aprender a avaliar, porque nun futuro como mestres teremos que facelo moitas veces. Ata agora só nos comentaran como facelo, e nos pensabamos criterios, formas e instrumentos de avaliación. Pero esta é unha das poucas veces que somos nós os protagonistas dunha avaliación. 
En xeral, creo que estas actividades foron moi eriquecedoras na miña formación, xa que nun futuro terei que utilizar unha metodoloxía parecida para facer actividades nun aula.

jueves, 14 de noviembre de 2013

TÂCHE 3: FAIRE COMPRENDRE

JUSTIFICATION:

Na tarefa dúas, escollín uns obxectivos e contidos, pero agora visto esta tarefa creo que son demasiado xerais, por iso vounos a cambiar.
•       OBXECTIVO:
-          Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.
•       CONTIDOS:
-          Identificación visual e auditiva dalgúns instrumentos: da orquestra, da música popular galega e dos utilizados por outras culturas, tentando aproximarse a unha clasificación por familias.

As actividades que se van a presentar a continuación van dirixidas ao primeiro curso do segundo ciclo de educación primaria.


ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ORALE:

Nesta actividade o alumnado deberá escoitar e entender o seguinte vídeo e despois responder ao cuestionario que se presenta na seguinte diapositiva. Esta actividade sirve como teoría para despois facer as seguintes.





ACTIVITÉ D’ ÉVALUATION:

Despois de ver o vídeo na clase varias veces e explicar o vocabulario non entendido polo alumnado, pasarase a facer o seguinte cuestionario, que será a fora de avaliar esta tarefa.

Ficha realizada en el word por mi

ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ÉCRITE:
Para esta actividade pediráselle ao alumnado que lean o conto que se lles presenta a continuación sobre a orquestra, resolveráselle as dúbidas que vaian tendo sobre vocabulario ou demais cousas. Rematada a lectura o alumnado deberá realizar un conto parecido traballando os conceptos dados.

Publish at Calameo or read more publications by Silvia Villanueva.


ACTIVITÉ D’ ÉVALUATION

Para a avaliación desta actividade a mestra deberá cubrir unha rúbrica, e con ela observará se o alumnado cumpre ou non os distintos ítems pedidos.

Tabla realizada en el word echa por mi


DÉCRIS LES ACTIVITÉS:
•       A actividade de comprensión oral explica de forma superficial a orquestra, os seus compoñentes e a súa situación no escenario . Para ela, escoitarán un vídeo feito co programa GoAnimate, e logo responder as preguntas plantexadas nun cuestionario. O vídeo poríase para toda a clase mediante un proxector, e a fica faríase individualmente. Esta actividade serviría como teoría das demais actividades. Pero como o explica moi superficialmente, a profesora fará unha explicación do tema máis extensa na clase.
•       A actividade de comprensión escrita trata sobre a orquestra (os compoñentes e a súa situación  enriba dun escenario). Primeiro lerán o conto que a profesora fixo como exemplo e despois eles elaborarán unha breve historia sobre a orquestra, en formato electrónico. Para a avaliación desta actividade realizarase unha rúbrica que cubrirá a mestra coa revisión dos contos feitos por eles.


TEMPS ET RESSOURCES
•       Cada unha das actividades levará un máximo de unha hora da clase de música. Estímase que para a visión do audio ou conto un máximo de 20 minutos, 15 para aclarar dúbidas e outros 15 para realizar as actividades de avaliación.
•       Os recursos utilizados serían soporte dixital (un ordenador e un proxector) para a visión do vídeo e do conto. Papeis e lápices para as actividades de avaliación. Para a lectura e realización individual do conto utilizaranse ordenadores para cada alumno.


RUBRIQUE RÉFLEXION

–      Comment t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, primeiro tiven que cambiar os obxectivos e contidos, porque eran demasiado xerais e non podía traballar con eles. Ao ter os novos obxectivso e contidos, pesei unha forma de traballar con eles a comprensión oral e escrita aproveitnado os recursos que nos deu o mestre na clase. E a partir de ahí fixen o resto da tarefa seguindo a orde dada.

–      As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Na realización desta tarefa atopei varias dificultades. A primeira foi non saber como facer as actividades cos obxectivos que tiña antes, ao cambialos resultoume un pouco máis sinxelo. Despois os programas eran novos para min, e non sabía moi ven como utilizalos. Outro problema foi que non se me gardaban os cambios no programa de GoAnimate, debido a que era demasiado grande, e tiven que reducir e quitar moitos conceptos que quería traballar.

–      Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
21. Ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.
22. Ser capaz de presentar novos elementos funcionais, gramaticais e lexicais.
26. Comprender distintas formas de avaliación e de auto-avaliación e saber levar aavaliación a cabo.
Pero a parte destas tamén aprendín a usar novos programas informaticos para elaborar tarefas máis motivantes para o alumnado.

–      Quel est ton avis général sur la tâche?
En xeral esta tarefa pareceume bastante complicada, e ao principio estaba un pouco perdida, non sabía como facer. Levoume bastatnte tempo, porque non sabía manexar ben os programas, pero ao final souben facer o que me pedían.
Tamén creo que foi moi interesante, porque aprendín a usar novos recursos para facer actividades usando as Tics, para nun futuro poder aplicar eu como mestra, porque creo que son recursos moi motivantes para o alumnado.
En resumen, a pesar das dificultades, esta foi unha tarefa interesante, coa que aprendín moito.









lunes, 21 de octubre de 2013

jueves, 26 de septiembre de 2013

TÂCHE 1: CONNAÎTRE SA CLASSE

Déixovos aquí o enlace para que vexades e comentedes a miña primeira acitivdad. Espero que vos guste.
Au revoir