Neste punto do curso académico, creo que é necesario facer unha pequena reflexión sobre a miña aprendizaxe ao facer as trres primeira tarefas. Estas tres tarefas son complementarias e serían uns pequenos pasos para facer unha Unidade Didáctica.
Aprendín moitas cousas destas actividades, como por exemplo a facer actividades a partir duns criterios de avaliación, obxectivos e contidos previamente elexidos. Tamén coñecín diferentes programas para facer actividades motivadoras para o alumnado, como son o GoAnimate, Calaméo, Prezi... Aínda que este último non o sei usar moi ben. As dúas prieiras actividades resultáronme bastante sinxelas de facer, pero a terceira foime un pouco máis complicada, debido a que non estou moi acostumada a usar as novas tecnoloxías e os programas non os sabía utilizar moi ben.
Tamén hay que falar da avaliación. Esta é a primeira vez que son eu a que avalía aos meus compañeiros e viceversa. Paréceme unha práctica moi boa, xa temos que aprender a avaliar, porque nun futuro como mestres teremos que facelo moitas veces. Ata agora só nos comentaran como facelo, e nos pensabamos criterios, formas e instrumentos de avaliación. Pero esta é unha das poucas veces que somos nós os protagonistas dunha avaliación.

En xeral, creo que estas actividades foron moi eriquecedoras na miña formación, xa que nun futuro terei que utilizar unha metodoloxía parecida para facer actividades nun aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario