Etiquetas

jueves, 14 de noviembre de 2013

TÂCHE 3: FAIRE COMPRENDRE

JUSTIFICATION:

Na tarefa dúas, escollín uns obxectivos e contidos, pero agora visto esta tarefa creo que son demasiado xerais, por iso vounos a cambiar.
•       OBXECTIVO:
-          Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.
•       CONTIDOS:
-          Identificación visual e auditiva dalgúns instrumentos: da orquestra, da música popular galega e dos utilizados por outras culturas, tentando aproximarse a unha clasificación por familias.

As actividades que se van a presentar a continuación van dirixidas ao primeiro curso do segundo ciclo de educación primaria.


ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ORALE:

Nesta actividade o alumnado deberá escoitar e entender o seguinte vídeo e despois responder ao cuestionario que se presenta na seguinte diapositiva. Esta actividade sirve como teoría para despois facer as seguintes.





ACTIVITÉ D’ ÉVALUATION:

Despois de ver o vídeo na clase varias veces e explicar o vocabulario non entendido polo alumnado, pasarase a facer o seguinte cuestionario, que será a fora de avaliar esta tarefa.

Ficha realizada en el word por mi

ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ÉCRITE:
Para esta actividade pediráselle ao alumnado que lean o conto que se lles presenta a continuación sobre a orquestra, resolveráselle as dúbidas que vaian tendo sobre vocabulario ou demais cousas. Rematada a lectura o alumnado deberá realizar un conto parecido traballando os conceptos dados.

Publish at Calameo or read more publications by Silvia Villanueva.


ACTIVITÉ D’ ÉVALUATION

Para a avaliación desta actividade a mestra deberá cubrir unha rúbrica, e con ela observará se o alumnado cumpre ou non os distintos ítems pedidos.

Tabla realizada en el word echa por mi


DÉCRIS LES ACTIVITÉS:
•       A actividade de comprensión oral explica de forma superficial a orquestra, os seus compoñentes e a súa situación no escenario . Para ela, escoitarán un vídeo feito co programa GoAnimate, e logo responder as preguntas plantexadas nun cuestionario. O vídeo poríase para toda a clase mediante un proxector, e a fica faríase individualmente. Esta actividade serviría como teoría das demais actividades. Pero como o explica moi superficialmente, a profesora fará unha explicación do tema máis extensa na clase.
•       A actividade de comprensión escrita trata sobre a orquestra (os compoñentes e a súa situación  enriba dun escenario). Primeiro lerán o conto que a profesora fixo como exemplo e despois eles elaborarán unha breve historia sobre a orquestra, en formato electrónico. Para a avaliación desta actividade realizarase unha rúbrica que cubrirá a mestra coa revisión dos contos feitos por eles.


TEMPS ET RESSOURCES
•       Cada unha das actividades levará un máximo de unha hora da clase de música. Estímase que para a visión do audio ou conto un máximo de 20 minutos, 15 para aclarar dúbidas e outros 15 para realizar as actividades de avaliación.
•       Os recursos utilizados serían soporte dixital (un ordenador e un proxector) para a visión do vídeo e do conto. Papeis e lápices para as actividades de avaliación. Para a lectura e realización individual do conto utilizaranse ordenadores para cada alumno.


RUBRIQUE RÉFLEXION

–      Comment t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, primeiro tiven que cambiar os obxectivos e contidos, porque eran demasiado xerais e non podía traballar con eles. Ao ter os novos obxectivso e contidos, pesei unha forma de traballar con eles a comprensión oral e escrita aproveitnado os recursos que nos deu o mestre na clase. E a partir de ahí fixen o resto da tarefa seguindo a orde dada.

–      As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Na realización desta tarefa atopei varias dificultades. A primeira foi non saber como facer as actividades cos obxectivos que tiña antes, ao cambialos resultoume un pouco máis sinxelo. Despois os programas eran novos para min, e non sabía moi ven como utilizalos. Outro problema foi que non se me gardaban os cambios no programa de GoAnimate, debido a que era demasiado grande, e tiven que reducir e quitar moitos conceptos que quería traballar.

–      Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
21. Ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.
22. Ser capaz de presentar novos elementos funcionais, gramaticais e lexicais.
26. Comprender distintas formas de avaliación e de auto-avaliación e saber levar aavaliación a cabo.
Pero a parte destas tamén aprendín a usar novos programas informaticos para elaborar tarefas máis motivantes para o alumnado.

–      Quel est ton avis général sur la tâche?
En xeral esta tarefa pareceume bastante complicada, e ao principio estaba un pouco perdida, non sabía como facer. Levoume bastatnte tempo, porque non sabía manexar ben os programas, pero ao final souben facer o que me pedían.
Tamén creo que foi moi interesante, porque aprendín a usar novos recursos para facer actividades usando as Tics, para nun futuro poder aplicar eu como mestra, porque creo que son recursos moi motivantes para o alumnado.
En resumen, a pesar das dificultades, esta foi unha tarefa interesante, coa que aprendín moito.









No hay comentarios:

Publicar un comentario